Alfonso «Pisko» Ventín, aos mandos do Yacarcross, foi o vencedor da quinta edición do Rallymix de Portas, proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallymix e que se celebrou íntegramente durante o sábado 30 de agosto.
Ventín marcou o mellor crono en tres das catro mangas cronometradas cun tempo final de 32:24.309.
O piloto de Cotobade fíxose ademáis coa victoria na Copa MRF.
O segundo posto, a 12 segundos do vencedor, foi para Javier Ramilo «Kobas», tamén nun Yacarcross.
O terceiro chanzo da xeral foi para Darí Calviño, completando o triplete de Yacar.
Sergio Fernández e Toñito López foron cuarto e quinto clasificado, respectivamente.
Na copa MRF subíronse ao podio con Ventín, Víctor Manuel Fernández e Miguel Iglesias.
Na clase B, primeiro posto para Manuel Osorio e Alberto dos Reis (Skoda Fabia R5), por diante de Celestino e Jorge Iglesias (Ford Fiesta N5) e de David Varela e Erlantz Fernández (Peugeot 306).
Rubén Ordóñez e Sabela González foron os mellores na Copa Pirelli Dianteira, seguidos de Eduardo González e Alberto Muiños e Aarón Fernández e Jesús Tobío.
Na Copa Iniciación Escuderías, primeiro posto para Fran Abalo e Joel Souto. José Penas e Lucía Regos foron segundos e Aarón Fernández e Jesús Tobío, terceiros.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallymix sera o Rallymix de Cuntis V.T. os días 19 e 20 de setembro.
