O CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE MONTAÑA – CIRCUITO INT. DE MONTALEGRE RETORNA A ESTRADA CON 71 EQUIPOS

1 agosto, 2025

O Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre retorna a actividade esta fin de semana coa celebración da 29ª edición da Subida a Estrada, quinta proba puntuable para o certame autonómico.

Nesta ocasión serán 71 equipos os que estarán presentes na rampa pontevedresa, que para este 2025 sufriu reparacións no seu trazado, o que aumentará o espectáculo dunha carreira xa apaixoante de por si.

Na lista de inscritos o principal favorito será novamente Jacobo Senín, aos mandos da Nova. Tamén estarán presentes Jorge Fernández, «Pisko» Ventín, Beni Porto ou Abrahán Vázquez, todos eles con opcións de facer un bo papel entre os non carrozados.

Ademáis, tamén estará presente a copa CM Montiño – Terras de Lantaño, nunha fermosa homenaxe a Paco Outeda.

Con respecto aos vehículos carrozados, Jorge Pérez Alonso defende victoria do ano anterior fronte a Manuel Senra, Antón Pérez ou Fran Casqueiro, todos eles con monturas realmente competitivas.

No apartado de regularidade serán cinco os equipos presentes nesta cita.

A proba comezará o sábado ás 15:00 horas coa primeira manga de adestramentos, coas dúas oficiais xusto a continuación. Para o domingo a actividade comezará ás 09:00 horas co mesmo formato.

A entrega de premios terá lugar praza da Constitución de A Estrada ao término da competición.

O sportity da proba é: ESTRADA25

Compartir