SUSPENSIÓN RALLYSPRINT TERRAS DO ULLA

28 julio, 2025

A organización do Rallysprint Terras do Ulla comunicou á Federación Galega de Automobilismo a imposibilidade de realizar a 1ª edición do Rallysprint Terras do Ulla, quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i.

O comité organizador da proba xunto co concello de Teo destacan que «non foron quen de atopar outro concello para dar viabilidade o trascurso da proba polas súas estradas», polo que non poden sacar adiante a proba.

A FGA atópase traballando para calendar unha proba no seu lugar e manter as cinco datas puntuables do certame. O prazo marcado para a súa substitución é de 30 días.

Compartir