COMUNICADO ACLARATORIO «MODALIDADE RALLYMIX»

18 julio, 2025

Despois do acontecido na última proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallymix, a Comisión de Rallymix da FGA quere aclarar os seguintes puntos do Regulamento Xeral de Rallymix nos que dí:

Artigo 2.10._”…Tamén se considera asistencia prohibida o abandono do percorrido, así como remolcar ou empurrar o vehículo por persoas ou elementos distintos á tripulación…”

Artigo 9.5._ “Nin vehículos nin tripulación poden ser remolcados, transportados ou empurrados, salvo para volver á estrada ou para desbloquear o percorrido.”

Artigo 9.6.- “No percorrido dun sector de enlace, que se desenvolva nunha estrada pública, o vehículo rodará en todo momento sobre os 4 pneumáticos xirando libremente.”

Artigo 12.13.- “Unha vez pasada a liña de meta, os participantes deberán dirixirse ó parque Pechado-Traballo sen deterse no enlace, só pena de DESCALIFICACIÓN.”

Artigo 12.14.- “…Os rescates faranse na medida das posibilidades da organización, entre cada manga, e retíranse a totalidade dos vehículos sinistrados ou avariados ó final de cada día do evento deportivo.”

En vista dos artigos mencionados, queda claro que en ningún momento, se pode levar o vehículo ó parque final da proba ou da xornada, nin remolcado nin empurrado e deberá chegar polos seus propios medios.

En vistas das solicitudes formuladas por distintos participantes e atendendo as súas peticións, a Comisión de Rallymix toma a decisión de que en caso de precisar axuda externa para poder ser remolcado ou empurrado ata o parque final, deberá solicitalo á Dirección de Carreira debendo de ser EXPRESAMENTE AUTORIZADO polo CC.DD, e será a Organización quen deberá facer o traslado do vehículo.

Compartir