A TERCEIRA PARADA DO GALEGO DE KARTING, CON 109 INSCRITOS EN AS PONTES

25 julio, 2025

O Campionato Xunta de Galicia de Karting, unha das aposta máis firmes da Federación Galega de Automobilismo, continúa esta fin de semana coa celebración da terceira proba puntuable, o 12º Karting de As Pontes.

Segunda parada da tempada no espectacular trazado coruñés, que nesta ocasión contará con 109 equipos presentes na liña de saída, unha liña de crecemento que mostra o rexurdimento da modalidade en chan galego.

O sábado, turno para os adestramentos libres e as carreiras da categoría non competitiva pre-rookie, na que os máis pequenos do deporte do motor galego aprenden o que é o mundo da competición.

Xa o domingo, o resto de categorías puntuables con comezo a partir das 09:15 horas cos adestramentos libres e coas 15:30 horas coma hora marcada para a celebración da entrega de premios.

Recordar que a entrada no circuito é libre.

Compartir