A Federación Galega de Automobilismo continúa a traballar na modernización de procesos de verificación e revisión de elementos de seguridade dos equipos participantes nas distintas probas dos Campionatos Xunta de Galicia.
Desta forma, durante as últimas semanas o departamento técnico da FGA traballou na creación da ficha de roupa dixital que se porá en marcha de maneira inmediata (voluntaria) e a modo de test de cara a súa implantación na tempada 2026 en sustitución do método en papel, algo que tamén vai na liña da reducción de Co2 e respecto polo medioambiente que o ente porá en marcha o próximo ano mediante diferentes accións.
Así pois, todos aqueles pilotos e copilotos que desexen testar de forma voluntaria este novo sistema de declaración de roupa poden acceder a través da seguinte ligazón.
