NOTA INFORMATIVA SOBRE HORARIO VERIFICACIÓNS NO AUTOCROSS DE ARTEIXO

27 junio, 2025

Debido ao alto número de participantes na cuarta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Autocross, o 87 Autocross de Arteixo, a Federación Galega de Automobilismo recorda que é preciso respectar os horarios das verificacións técnicas e administrativas marcadas pola Peña Autocross Arteixo.

De cara a axilizar o proceso de revisión da documentación e os vehículos, tódolos participantes deberán seguir o cadro horario publicado no Complemento 3 do Sportity da proba e que pode consultarse a continuación.

 

Compartir