MÁIS DE 110 EQUIPOS NUN ESPECTACULAR KARTING DE OUTEIRO DE REI

22 junio, 2025

Fin de semana de competición e deportividade no circuito de Outeiro de Rei en Lugo.

Máis de 110 equipo se deron cita no trazado lucense para acoller a segunda proba do Campionato Xunta de Galicia de Karting.

Na categoría rookie, primeiro posto para Pablo Kardos, seguido de Aitor Otamendi e Lucas Pazos.

Un chanzo por riba, na competición mini, victoria para Dani López, con Martín del Pozo e Enzo Sánchez no segundo e terceiro lugar do podio, respectivamente.

Ramiro Martín foi o mellor entre os júnior, con Alejandro Méndez e Pablo Rodríguez.

Dentro da categoría sénior o mellor foi Brais García, con Mateo García segundo e Iván Riera, terceiro.

Por último, nos Kz, victoria para Lino Collado, seguido de César Álvarez e Jorge Illade.

Compartir