O RALLY DE PONTEVEDRA TOMA O RELEVO NO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE RALLYES RECALVI

5 junio, 2025

Quinta parada do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi con motivo do Rallye de Pontevedra, a proba mellor valorada na tempada 2025 e que se celebra os días 6 e 7 de xuño.

A cita, organizada polo Congostra Team Sanxenxo alcanzou o límite de 140 equipos inscritos, con máis de 15 equipos na coma suplentes, o que confirma o excelente estado de forma do certame autonómico.

Entre os favoritos, novamente Víctor Senra e Paly Ramos no Hyundai I20N WRC, que serán o rival a batir fronte a Alberto Meira e Avelino Martínez, Dani Berdomás e Brais Mirón ou José Lamela e Unai Conde, que debutarán aos mandos do Toyota Yaris Rally2 do equipo Breogán Motor, entre outros.

Tamén estarán o resto de formatos promocionais do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi, con especial atención a Clio Trophy Galicia e a Challenge R2 Staroil, que por primeira vez se atopan na mesma proba.

Da mesma forma acompañan a estes formatos o Supercampionato R5, as dúas Top Ten Pirelli, o Volante FGA, a Sandero Eco Cup, a Pirelli AMF e o Criterium Recalvi, nunha lista de inscritos chea de calidade.

En canto a proba, a cerimonia de saída comezará ás 20:00 horas na Praza do Mar, con retransmisión en directo a través de Youtube.

Antes, ás 15:30 horas no mesmo lugar, terá lugar unha fotografía de familia dos equipos participantes na Clio Trophy Galicia e a Sandero Eco Cup Galicia.

Para o sábado, oito treitos cronometrados e unha profunda revisión ao percorrido, con comezo ás 08:25 horas en Cerdedo – Cotobade. O primeiro dos participantes chegará novamente á Praza do Mar ás 22:20 horas da noite.

Compartir