COTOVAD IMPÓNSE NO SLALOM CONCELLO DE AS PONTES

2 junio, 2025

Borja Cotovad, aos mandos do Ford Escort MkI, foi o vencedor do Slalom Concello de As Pontes, segunda proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Slalom e que se celebrou no trazado permanente coruñés.

Cotovad, que defende as cores da escudería Scratch Fene, marcou un crono final de 1:40.566, máis de un segundo máis rápido que Anxo Lariño Waldomar, aos mandos do Citroën Saxo VTS.

O terceiro chanzo do podio, a tan só 4 centésimas de segundo de Waldomar foi para Pedro Castro, no Citroën Ax.

Completaron os cinco primeiros clasificados da proba coruñesa, Pedro Díaz e Iván Picallo.

Na competición de debutantes, primeiro posto para Alba Senande, seguida de Miguel Santiago e de Francisco Rodríguez.

No trofeo feminino, con seis participantes, primeira praza para Mariquiña Chao, con Senande no segundo lugar e Eva María Caride no terceiro posto.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Slalom terá lugar o día 5 de xullo en Antas de Ulla.

Compartir