Javier Martínez Carracedo e Marcos Fernández, aos mandos do Renault 5 GT Turbo, foron os vencedores do Rallysprint de Silleda, segunda proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i.
Carracedo e Fernández remataron a proba cun crono de 22:14.0, algo máis de medio minuto máis rápidos que os segundos clasificados, Miguel Ángel Alonso e Leticia Álvarez, no Mitsubishi Lancer Evo IX.
O terceiro chanzo da clasificación desta proba, a 46 segundos, foi para Rodrigo Rodríguez «Caixas» e Alberto Rodríguez, no Mitsubishi Lancer Evo X.
Completaron os cinco primeiros clasificados da cita pontevedresa, Daniel Montoto e Maikel Márquez e Darío Calviño e Sandra Amaro, no Peugeot 205 e o Peugeot 205 Yacar, respectivamente.
No Desafío Kumho, primeiro posto para Lisi Abelleira e Daniel Pérez. O segundo posto foi para Jesús e Laura Vázquez e o terceiro para Logan Salgueiro e José Antonio González.
Álex e Santi Pais foron os mellores entre os participantes da proba extra na súa estrea co Alpine A-100 R-Gt.
No apartado de históricos triunfo para Santiago e Jose Manuel Busto, no Ford Fiesta. Segundos foron Marcos Ledo e María Luisa López e terceiros Juan Carlos Villanueva e Iago López.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint será o 2° Rallysprint Val de Ramirás o 19 de xullo.
