BERDOMÁS E MIRÓN, GAÑADORES NO RALI BERBERECHO DE NOIA

5 abril, 2025

Dani Berbomás e Brais Mirón, aos mandos do Hyundai I20N Rally2, foron os vencedores da 39ª edición do Rali Berberecho de Noia, terceira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi.

Berdomás e Mirón fraguaron a súa victoria no primeiro treito do sábado, no que adquiriron unha importante vantaxe fronte aos seus rivais, que xa non foron quen de recuperala no resto da xornada (59:34.615).

Ademáis, a temperá retirada de Víctor Senra e Moncho López, que sufriron un problema no seu Hyundai WRC nos compases iniciais do segundo día, deixaron vía libre para o equipo da escudería JRT, que firmaron o primeiro triunfo da tempada 2025 en chan galego.

O equipo do Hyundai foi o primeiro clasificado dentro do Supercampionato R5 Pirelli Recalvi.
O segundo posto da clasificación xeral, a 19.3 segundos de Berdomás e Mirón, foi para Alberto Meira e Avelino Martinez, no Skoda Fabia R5, que tamén foron segundos clasificados no Supercampionato R5 Pirelli Recalvi.

O terceiro chanzo do podio, despois de sufrir problemas mecánicos, foi a parar a Iago Caamaño e Alberto Rodríguez, nun retorno esporádico ao certame autonómico que terá continuidade no próximo Rallye de Pontevedra.

Completaron os cinco primeiros clasificados da xeral do rallye, Alberto Nimo e Mónica Álvarez e Darío Calviño e Javi Martínez, no Skoda Fabia R5 e o Peugeot 205 Yacar.

Precisamente Calviño e Martínez sumaron o triunfo na Top Ten Pirelli Driver Autia B, por diante de Manuel e Ismael Bouzas e de David Lojo e Yasmina Lorenzo.

Os vencedores dentro da Top Ten Pirelli Driver Autia C foron Manuel Souto e Raquel Rodríguez, seguidos de Álvaro Pérez e Adrian Casal e David Rivas e José Vieitez.

Primeiro posto na Challenge R2 Staroil para Manuel Souto e Raquel Rodríguez, nunha emocionante estrea da competición reservada para este tipo de vehículos.

Marcos Sanromán e Noel Claro foron os mellores na Pirelli AMF MS. O segundo posto foi para Carlos Conde e Pablo González e o terceiro para Juan Carlos Pampillón e Cristian Álvarez.

Nova victoria no Volante FGA para Ánxel Vizoso e Brais López, segundo posto para Roberto Suárez e Cristian García e terceiro para Alejandro Castro e Héctor Taboada.

Por último, dentro do Criterium Recalvi, primeiro posto para Adrián Regueira e Sergio Fernández. Segundos foron Yeray González e Borja Grandal e terceiros, Martín Varela e Laura Díaz.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi será os próximos días 9 e 10 de maio con motivo do Rallye Mariña Lucense.

 

Compartir