O CPR Santiago Apóstol de Narón acolleu este martes 25 de marzo a terceira parada da segunda edición do programa «FGA nas Aulas de Primaria», que nesta ocasión contou con 92 alumnos e alumnas.
A actividade, que contou coa presenza de Marcos Castro e o seu Citroën Saxo, Miguel Ortega e Ramiro Fandiño (Escudería Siroco Narón), achegou o mundo do automobilismo deportivo aos máis cativos, nunha localidade que vive o mundo da competición con moita intensidade.
Durante aproximadamente hora e media, os ponentes responderon as dúbidas dos xóvenes, ademáis de aprender nocións básicas sobre un deporte que move milleiros de afeccionados en cada unha das probas que se celebran na comunidade galega.
Esta actividade, que conta coa colaboración de GADIS e de Recalvi, procura atraer ao automobilismo a unha nova xeración de deportistas e afeccionados, sempre baixo un ambiente de convivencia e respecto polos valores que quere integrar a Federación Galega de Automobilismo.
