O Campionato Xunta de Galicia de Autocross comeza esta fin de semana por todo o alto coa celebración do Autocross de Arteixo, unha cita que reunirá a máis de 80 pilotos dentro das cinco categorías puntuables.
Nomes fácilmente recoñecibles nunha proba que marcará o comezo do cada vez máis recuperado certame autonómico de autocross, nun sábado que comezará ben cedo coas verificacións técnicas dos vehículos dos participantes (o venres serán optativas).
A partir das 10:00 horas comezarán os adestramentos libres, que se alongarán durante unha hora e media.
Ás 11:48 horas celebraranse as mangas oficiais, para despois pasar ao acondicionamento do circuito para a tarde.
Dende as 15:00 horas comezarán as mangas clasificatorias, con horario marcado para as 18:00 horas para iniciar as finais, das que sairán os primeiros líderes do certame autonómico de autocross.
Estímase que a entrega de premios será ás 20:00 horas.
