Sandero Eco Cup Galicia, a primeira Copa autonómica con GLP de España

4 enero, 2024

O novo Dacia Sandero Eco Cup desenvolvido por Driveland Events, o vehículo de rallyes máis sostible e accesible, será protagonista a próxima tempada en cinco citas do Campionato de Galicia de rallyes.

O novo formato promocional do certame autonómico repartirá máis de 20.000 € entre os equipos rexistrados na copa, cuxo campión optará ao ano seguinte a un programa apoiado por Alpine Racing.

A suma de forzas entre Dacia e FGA (Federación Galega de Automobilismo) propiciou a creación deste formato, o primeiro a nivel nacional.

A Sandero Eco Cup Galicia, a primeira copa autonomica con GLP que vai celebrarse no noso país, créase coa vontade de incentivar a formación e proxección deportiva dos novos talentos do automobilismo galego.

O Dacia Sandero Eco Cup, construído por Driveland Events sobre a base do Dacia Sandero Stepway 100 ECO-G –a versión actual do modelo máis vendido en España durante o últimos dez anos–, disputará o próximo ano a Sandero Eco Cup España; e, á súa vez, a Sandero EcoCup Galicia, que vai ter tamén como protagonista ao vehículo máis sostible e accesible co que se pode competir actualmente nesta especialidade.

Todos eses atributos, unidos aos seus custos contidos de adquisición e mantemento (8.499 € é o prezo do kit), converten ao Dacia Sandero Eco Cup –que se pode financiar ademais a través da Rede Dacia– no aliado perfecto para as novas xeracións de pilotos galegos que aspiran a labrarse un futuro nos rallyes.

A Sandero Eco Cup Galicia conta co patrocinio de Dacia, FGA (Federación Galega de Automobilismo), Recalvi, Driveland Events,
Michelin, KRS, AST Roll Cages, RRS e Ferodo.

En total serán máis de 20.000 € os que se repartirán entre os equipos rexistrados na primeira edición deste novo certame, que consta dun calendario composto por cinco rallyes do Campionato de Galicia: Cocido, Pontevedra, Comarca do Carballiño, Ourense-Ribeira Sacra e San Froilán.

O gañador de cada un deles embolsarase 1.000 €, o segundo 750, o terceiro 500, o cuarto 250 e o quinto 100. O equipo que quede campión recibirá adicionalmente un premio de 5.000 €, a investir ao ano seguinte nun programa deportivo con Alpine Racing.

 

Compartir