NOVO FURGÓN OFICINA DA FEDERACIÓN GALEGA DE AUTOMOBILISMO

14 abril, 2026

A Federación Galega de Automobilismo incorporará nas vindeiras semanas un novo furgón oficina para ser utilizado durante as probas dos distintos Campionatos Xunta de Galicia.

A chegada deste novo vehículo confirma e refrenda a renovación do material da FGA para as probas, nun proceso de inversión constante e sostido durante o tempo.

Dende a Federación queremos dar as grazas a Secretaría Xeral para o Deporte pola súa axuda para adquisición deste furgón. Nos próximos días comezará a súa adaptación para incorporar todo o material preciso para o seu uso durante as carreiras galegas.

Compartir