Ante as recentes dudas mostradas por distintos participantes sobre a promoción para a adquisición dos pneumáticos Kumho no Campionato Xunta de Galicia de Autocross que se reflicten no artigo 9 do regulamento xeral do certame, preséntase a seguinte aclaración.
Durante a tempada 2024,2025 e 2026 manteranse os prezos dos pneumáticos marcados por ASR Tyres – Kumho Tires na tempada 2024. Aplicarase un desconto dun 15% na primeira adquisición de pneumáticos e regalaranse dous pneumáticos.
Condicións:
1. Acreditar que é a primeira compra de pneumáticos a ASR Tyres dende comezo de 2024 tendo en conta que só se optará a eles nunha ocasión.
2. Participar en alomenos nunha proba ao completo. Desta forma, é preciso aparecer na clasificación final da mesma.
3. Non se poderán utilizar pneumáticos con esta promoción noutras modalidades.
