A Federación Galega de Automobilismo e GADIS acordaron renovar a súa colaboración para a tempada 2026.
A cadea de supermercados galega, referencia a nivel autonómico, comezou esta relación na tempada 2024 e dende entón convertiuse nun dos compañeiros de viaxe da FGA, especialmente no programa «FGA nas Aulas de Primaria» no que convertiron en parte fundamental.
Deste xeito, a FGA quere mostrar o seu agradecemento e ledicia por contar cun colaborador do valor de GADIS, co que agardamos continuar moitas tempadas máis.
