A FGA PON EN MARCHA A «I CHALLENGE R2 – STAROIL» NO GALEGO DE RALLYES 2025

7 febrero, 2025

A Federación Galega de Automobilismo porá en marcha esta tempada un novo formato promocional dentro do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi, a «I Challenge R2 – Staroil».

Esta competición, puntuable en cinco probas do certame autonómico, estará integrada na Top Ten Pirelli Driver Autia C, polo que os equipos inscritos optarán tamén os premios e deberán utilizar pneumáticos da marca Pirelli.

O propósito desta proba e agrupar aos participantes desta competitiva e interesante categoría R2 (por ficha estríctamente FIA), na que cada vez hai máis equipos inscritos. Nesta primeira edición da challenge repartiranse 5.000 euros durante a tempada e haberá un atractivo premio final, que será a participación nun vehículo da categoría R5/Rally2 nunha proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi da tempada 2026 (condicións a concretar co preparador do vehículo e a FGA).

Desta forma, o calendario desta Challenge estará composto por as seguintes carreiras:

  1. Rallye Berberecho de Noia (4,5 e 6 de abril)
  2. Rallye de Pontevedra (6,7 e 8 de xuño)
  3. Rallye de Ferrol (22,23 e 24 de agosto)
  4. Rallye Comarca do Carballiño (26,27 e 28 de setembro)
  5. Rallye San Froilán (17,18 e 19 de outubro)

Os participantes nesta Challenge deberán inscribirse no formulario que estará dispoñible no apartado copas de promoción da páxina web da FGA e situar os adhesivos de Staroil nos lugares marcados. Neste caso é o capó dianteiro e na defensa traseira (dous pequenos), ademáis dos correspondentes a Top Ten Pirelli.

O reparto dos premios por carreira será o seguinte:

  1.  500 euros + 1 pneumático Pirelli.
  2. 300 euros.
  3. 200 euros.

Premio final, Trofeo para piloto e copiloto gañadores da Challenge R2-Staroil e participación nunha proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi 2026 aos mandos dun vehículo da categoría R5/Rally2 (condicións a concretar co preparador e a FGA).

Para optar ao título final é preciso participar en alomenos tres das cinco probas puntuables. Para a clasificación final e obtención do nome do equipo campión reteranse 4 resultados das cinco probas.

 

Compartir