A Federación Galega de Automobilismo porá en marcha o día 15 de febreiro de 2026 a selección dos pilotos para a «4ª BOLSA CARCROSS FGA 2026», que permitirá que dous xóvenes talentos galegos participen no Campionato Xunta de Galicia de Autocross (entre 13 e 17 anos) e no Campionato Xunta de Galicia de Montaña (entre 16 e 18 anos) aos mandos de sendos vehículos da categoría carcross.
Esta iniciativa premiará aos dous mellores pilotos nunha selección que terá lugar no circuito Choqueiro, en Ourense.
O premiado na modalidade de montaña deberá ter 16 anos o 15 de abril de 2026 (máximo 18 anos o día 31 de decembro de 2026), mentres que no caso do autocross está dirixida a pilotos de entre 13 e 17 anos cumpridos antes do 1 de xaneiro de 2026.
O prazo de inscripción remata o 12 de febreiro de 2025 ás 18:00 horas.
As bases completas e o formulario de inscripción desta bolsa están recollidas na seguinte ligazón.
