A FEDERACIÓN GALEGA DE AUTOMOBILISMO PON EN MARCHA A «3ª BOLSA CARCROSS FGA 2025»

3 enero, 2025

A Federación Galega de Automobilismo porá en marcha o día 1 de febreiro de 2025 a selección dos pilotos para a «3ª BOLSA CARCROSS FGA 2025», que permitirá que dous xóvenes talentos galegos participen no Campionato Xunta de Galicia de Autocross e no Campionato Xunta de Galicia de Montaña aos mandos de sendos vehículos da categoría carcross.

Esta iniciativa premiará aos dous mellores pilotos nunha selección que terá lugar no circuito de A Pastoriza, en Lugo. O mellor clasificado será piloto Júnior FGA no Campionato Xunta de Galicia de Autocross, mentres que o segundo clasificado terá o mesmo rol, pero no Campionato Xunta de Galicia de Montaña.

O premiado na modalidade de montaña deberá ter 16 anos o 1 de abril de 2025 (máximo 18 anos o día 31 de decembro de 2025), mentres que no caso do autocross está dirixida a pilotos de entre 13 e 17 anos cumpridos antes do 1 de xaneiro de 2025.

O prazo de inscripción remata o 29 de xaneiro de 2025 ás 18:00 horas.

As bases completas e o formulario de inscripción desta bolsa están recollidas na seguinte ligazón.

BASES E FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN «3ª BOLSA CARCROSS 2025»

Compartir