O Campionato Xunta de Galicia retorna a actividade despois de máis de un mes de parón coa sexta cita puntuable, o Slalom de Rianxo, quen esta novena edición bateu o seu récord personal de inscritos con 45 equipos na liña de saída.
A cita coruñesa, cun trazado rápido inda que técnico, contará coa presenza dos principais candidatos ao triunfo absoluto, ademáis dos participantes dentro da modalidade de debutantes e os distintos trofeos que se engaden á competición.
Antonio Amor, Daniel Mellado ou Aitor Fornos, entre outros, buscarán o triunfo ante a ausencia do líder do certame Rubén Gandoy.
En canto aos horarios, a proba comezará ás 12:00 horas do mediodía coa primeira manga de adestramentos oficiais.
A partir das 16:30 horas terá lugar o segundo paso dos inscritos polo trazado para afrontar a continuación as dúas mangas oficiais de competición.
A entrega de premios terá lugar na Praza do Concello de Rianxo ás 21:15 horas.