O Autocross de Santa Comba retornou ao Campionato Xunta de Galicia por todo o alto, cunha excelente inscripción e con Martín Castro, Daniel Señarís, Iago Rodríguez, Sergio Busto e Enrique Castro como vencedores das diferentes categorías.
Na clase I, primeiro posto da clasificación para Martín Castro seguido de Javier Lea e Alejandro Martínez.
Daniel Señarís foi o mellor dos participantes na clase II, con Felipe Santos e Daniel Castro completando o podio da categoría.
Entre a sempre abundante clase III reservada a carcross. Primeiro posto da xeral para Sergio Busto (primeiro na Copa MRF), seguido de Sergio Suárez e Sergio Bastón. O segundo clasificado na copa MRF foi Iván Muñiz.
Na clase IV, victoria para Enrique Castro, con Sabino García no segundo chanzo do podio, mentres que entre os participantes da clase V reservada a carcross júnior, primeiro posto para Iago Rodríguez. A continuación situáronse Manuel Bermúdez e Joao Traila. Os becados da FGA, Daniel Abellón e Alex Mariño foron cuarto e sexto, respectivamente.
Precisamente Dani Abellón foi o primeiro clasificado da Copa MRF júnior. Segundo foi Manuel Martíns e terceiro Alex Mariño.
