Alfonso «Pisko» Ventín, aos mandos do Yacarcross, e Manuel Osorio e Alberto dos Reis, no Volkswagen Polo R5, foron os mellores equipos (clase A e clase B) do Rallymix de Tomiño – Serra de Argallo Figueiró, terceira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade celebrada esta fin de semana na localidade pontevedresa.
Ventín, un dos pilotos máis en forma de Galicia, obtivo ademáis o primeiro posto da clasificación xeral da proba cun tempo final de 24:21.674, algo máis de 20 segundos por diante do segundo participante da xeral, Sergio Fernández (segundo clase A). O terceiro clasificado foi Abrahán Vázquez (terceiro tamén da clase A), habitual da montaña no seu Yacarcross.
Jaime Castro e Abel Jurado completaron os cinco primeiros clasificados da xeral e da clase A, respectivamente.
No sexto lugar da xeral, os gañadores da clase B, Manuel Osorio e Alberto dos Reis, nesta ocasión nun Volkswagen Polo R5. O segundo e terceiro posto desta clase foi para Celestino e Jorge Iglesias e Diego Vila e Álex Sampayo, nun Ford Fiesta N5 e un Mitsubishi Lancer Evo X, respectivamente.
Na Copa MRF, primeiro posto para «Pisko» Ventín, seguido de Miguel Iglesias e Adrián Andrés Hurtado.
Ademáis, victoria para David González e Roberto Mejuto na Copa Pirelli 4×4 mentres que na reservada a tracción dianteira o mellor equipo foi o formado por Juan José Pintos e Joel Souto, seguido de Jesús e Manuel Sánchez e Juan Manuel Cagiao e Iván Bergondo.
Cagiao e Bergondo obtiveron tamén o primeiro lugar na Copa Escuderías por diante de Fran Abalo e Cristian García.
A seguinte proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallymix tera lugar en Ribadumia os días 19,20 e 21 de xullo.
