MÁIS DE 60 EQUIPOS PRESENTES NO SLALOM VILA DE AS PONTES

30 mayo, 2024

O Campionato Xunta de Galicia de Slalom prosigue esta fin de semana (1 de xuño) coa celebración da segunda data puntuable, o Slalom Vila de As Pontes.

A proba, que contará con 64 equipos na liña de saída, ten a particularidade de ser a única que se celebra nun circuito, o que fai que sexa unha das máis especiais de todo o certame. Como é habitual no certame, a proba disputarase na súa totalidade durante o sábado, coas verificacións técnicas e administrativas marcadas dende as 08:30 horas da mañá no propio circuito de karting de As Pontes.

En canto a competición, a primeira manga de adestramentos comezará ás 11:00 horas, para celebrar xusto a continuación a segunda delas. Despois do parón do mediodía, a partir das 16:00 horas, turno para as dúas mangas oficiais que decidirán quen é o vencedor desta segunda proba puntuable para o certame.

Con respecto aos inscritos, Rubén Gandoy defende o liderato do certame aos mandos do seu Peugeot 206, nunha cita na que moitos dos habituais do certame comezan a súa tempada.

Compartir