Décima parada do curso para o programa “FGA nas Aulas de Primaria”, nesta ocasión coa visita ao CEIP Ramón Falcón de Castro de Rei e con Antonio Fernández “Ventura” e o seu Mitsubishi Lancer EVO X R4 como invitado.
Este ciclo de charlas introductorias ao mundo do automobilismo deportivo, que conta co apoio de GADIS e a colaboración de Lácteos Kalekói, procura inculcar a cultura do motor aos máis pequenos das aulas, nunha actividade pola que xa pasaron máis de 600 escolares.
Nesta ocasión, Antonio Fernández “Ventura” fixo as delicias dos máis pequenos respondendo a todas as súas dúbidas, nunha tertulia amena e formativa a partes iguais.
Como xa é habitual, logo do traballo na aula foi turno para visitar o vehículo de competición, que amablemente levou o piloto lucense.
Ao término do acto presentouselle aos alumnos o concurso de debuxo que fará que un alumno participante neste ciclo de charlas sexa o encargado de decorar o Renault Clio Rally5 de Álvaro Castro Laiño e Isidro Rey nunha proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes.
