Alejandro Cagiao, aos mandos do Peugeot 106, foi o vencedor do Slalom Scratch Fene, sexta e última proba do Campionato Xunta de Galicia da modalidade celebrado este sábado 21 de novembro baixo un intenso temporal, especialmente na segunda manga oficial, que debeu ser anulada.
Cagiao, subcampión do Volante FGA en Rallyes esta tempada, repetiu triunfo da tempada 2025 grazas o seu excelente tempo na única manga oficial. O rápido piloto local, unha das promesas do automobilismo galego, fixou o crono en 1:38.3, apenas oito décimas de segundo máis rápido que o segundo clasificado, que foi Iván Picallo, no seu habitual Citroën Saxo.
O terceiro chanzo do podio foi para Aitor Fornos, que no Citroën Ax se quedou a 1.9 segundos do primeiro lugar.
Precisamente a atención do certame centrábase na loita polo título final, que se xogaron Picallo e Fornos en Fene.
Picallo, que chegaba coma líder a esta última proba non fallou e rematou por diante do seu rival Fornos, o que lle permitiu acadar os puntos precisos para revalidar o título de 2025.
Os cinco primeiros clasificados da proba foron Marcos García e Rubén Gandoy.
Borja Grandal foi o primeiro clasificado entre os debutantes, mentres que Mariquiña Chao fixo o propio no trofeo feminino.
