Antonio López Lence e Santiago Gil foron os vencedores do Rallysprint das Somozas, quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint – GT2i. O equipo do Peugeot 205 Yacar tiveron que esforzarse a fondo para lograr o quinto triunfo en outras tantas probas e acadar así os puntos precisos para alzarse co título autonómico.
López Lence e Gil tiveron en Javier Martínez Carracedo e José Barrán un adversario de altísimo nivel durante toda a tarde. O equipo do Renault 5 GT Turbo, que finalmente sería segundo clasificado, alternouse no liderato da carreira nos catro treitos e soamente cedeu no derradeiro, quedándose a tan só 5,1 segundos da victoria.
O terceiro chanzo do podio foi para Fernando Rico e Miguel Peña, que no BMW M3 demostraron que o tempo de inactividade apenas lle afectou o piloto coruñés.
Completaron os cinco primeiros clasificados da quinta proba do certame Diego Félix e Raquel Rodríguez Triñanes, e Miguel Ángel Alonso e Leti Álvarez, recuperando o ritmo despois do abandono do pasado Rallysprint de Lobios.
Dentro da competida Copa Kumho, victoria para Emilio Vázquez e Dani González, que tiveron un duro rival en Jacobo Collazo e Adrián Guillade, ao que superaron por apenas 19 segundos despois dos case 50 quilómetros contra o cronómetro. O terceiro posto da clasificación dentro deste formato promocional foi para Aitor Fornos e Juan Manuel Vilares.
A última proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i terá lugar o día 14 de novembro en Cerceda.
