Quinta parada do Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint – GT2i e primeira visita a provincia de A Coruña. O Rallysprint das Somozas debuta no calendario autonómico coma penúltima data e quen sabe se coma xuiz do certame absoluto.
Antonio López Lence e Santiago Gil contan por victorias as súas catro participacións e parten coma favoritos nunha proba con 81 equipos inscritos. Tamén teñen opcións Diego Félix e Raquel Rodríguez e Javier Martínez e José Barrán.
Ademáis dos principais candidatos o triunfo tamén estarán os participantes da Copa Kumho, nun certame tremendamente competido.
As verificacións optativas comezarán este venres a partir das 19:00 horas. Xa no sábado, as o resto de equipos verificarán a partir das 08:15 horas.
A competición iniciarase ás 14:15 horas co primeiro treito cronometrado.
O primeiro participante chegará ó parque pechado final situado na Praza do Concello das Somozas ás 18:27 horas.
