FIN DE CURSO EN OUTEIRO DE REI COA SUPERCOPA FGA DE KARTING

23 octubre, 2026

O espectáculo do karting galego vive este fin de semana o seu punto culminante. O trazado de Outeiro de Rei será a sede da Supercopa de Karting FGA, a proba de fin de festa tras unha fin de semana repleta de acción e alta competición.

Con 100 equipos inscritos, o certame confirma o excelente momento de forma do karting en Galicia, mantendo a senda de crecemento constante iniciada na tempada 2023,2024, e 2025 e garantindo un nivel deportivo de primeiro orde.

A actividade na pista estruturarase en dúas xornadas de carreiras:

  • Sábado: A fin de semana arrincará coas sesións de adestramentos libres. Ademais, a xornada sabatina terá como grande atractivo as carreiras da categoría pre-rookie, destinada aos deportistas máis xóvenes e considerada a principal porta de entrada ao automobilismo de competición.

  • Domingo: Quenda para o resto de categorías. A partir das 09:15 horas, disputaranse os adestramentos libres e as mangas clasificatorias, dando paso posteriormente ás grandes finais que decidirán os gañadores desta Supercopa FGA.

A entrega de premios terá lugar xusto a continuación das finais de competición.

Compartir