O CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE RALLYMIX ENCARA A SÚA RECTA FINAL EN BARBADÁS

23 octubre, 2026
O Campionato Xunta de Galicia de Rallymix afronta este fin de semana unha das citas máis agardadas da tempada coa disputa do XII Rallymix de Barbadás. A proba orensana, organizada pola Escudería Barbadás, volverá ser un punto clave no calendario e reunirá a un nutrido número de participantes listos para medir as súas forza sobre o habitual percorrido mixto de terra e asfalto.
Na liña de saída daranse cita os principais espadas e habituais do certame autonómico, tanto na Clase A, para carcross, coma na de Turismos, decididos a pelexar polos puntos nun certame que se mantén en plena forma e cun nivel de competitividade máximo. Así mesmo, a cita contará coa presenza dos equipos adscritos ás distintas copas de promoción autonómicas.
A competición desenvolverase ao longo de dúas xornadas. A acción arrancará o sábado 24 de outubro a partir das 12:00 horas coa disputa das tres primeiras mangas cronometradas. Na xornada do domingo 25, os motores volverán ruxir a partir das 09:30 horas para a celebración das dúas últimas pasadas que decidirán o cadro de honor.
A entrega de premios e trofeos final terá lugar ao remate da proba no Parque dos Patos de A Valenzá.
O sportity da proba e: BARBADAS2026

Compartir