O RALLY SAN FROILÁN TOMA O RELEVO DO AUTONÓMICO DE RALLYS COA PRESENZA DE DANI SORDO NA CERIMONIA DE SAÍDA

16 octubre, 2026

O Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi afronta a súa oitava parada, un Rally de San Froilán que terá emoción nos treitos e fora deles. Co certame absoluto definido en favor de Dani Berdomás e Brais Mirón, a atención centrarase na loita polo subcampionato. José Lamela e Unai Conde e Alberto Meira e Avelino Martínez buscarán o segundo chanzo do podio do certame en chan lucense, nunha proba con formato de dúas xornadas.

Para hoxe, ademáis das verificacións técnicas no Ceao durante a mañá, será o turno para os dous primeiros treitos cronometrados e a cerimonia de saída. Neste acto, grazas a colaboración entre a Cámara Municipal de Montalegre e a Federación Galega de Automobilismo, estará Dani Sordo firmando autógrafos e participando na cerimonia de saída. Ademáis haberá instalado un simulador e sorteos de entradas para a carreira. Esta acción forma parte da promoción da RallyX Global Final que terá lugar no circuito luso os días 25 e 26 de outubro (entradas disponibles aquí: ENTRADAS RALLYCROSS MONTALEGRE).

Xa na xornada do sábado, oito treitos cronometrados con varias novidades e unha asistencia remota, o que facilitará o día ós equipos participantes. A chegada do primeiro participante está marcada para a 21:30 horas na praza da Horta do Seminario, en Lugo.

En canto ós participantes, ademáis da loita pola victoria e o subcampionato absoluto, tamén estarán presentes o Supercampionato R5 Recalvi, as Copas Top Ten B e C, o Clio Trophy Galicia, o Volante FGA – Sandero Eco Cup Galicia e a AMF Pirelli, o que dará un excelente nivel a proba.

Para seguir os tempos online pódese facer a través da páxina web da FGA ou na APP oficial para IOS e Android (ligazóns aquí: DESCARGA APP FGA)

O Sportity da proba é: SANFROILAN2026

Compartir