A FGA PRESENTA A SÚA NOVA APP PARA IOS E ANDROID E OUTRAS NOVIDADES

1 octubre, 2026

A Federación Galega de Automobilismo (FGA) presenta a súa nova aplicación móbil oficial, unha ferramenta pensada para que pilotos, equipos, organizadores e afeccionados teñan ao seu alcance todo o necesario para seguir as probas dos campionatos galegos.

A app, dispoñible para iOS e Android, non require rexistro nin datos de usuario: abrila e usala. Inclúe todo o necesario para seguir as probas (calendario, probas, consulta de licenza e sigad, novas, tempos online, etc) e conta con notificacións para estar ao día das novidades e comunicados da FGA.

DESCARGA PARA ANDROID

DESCARGA PARA IOS

A nova aplicación forma parte do afán e do desexo de renovación e mellora da FGA en todos os aspectos, co obxectivo de achegar o ente a quen vive o automobilismo galego e de modernizar a forma en que se xestiona e se comunica.

SIGAD en liña: menos papel, menos pegada de carbono

Dentro desta mesma liña de avance, a FGA pon en marcha a nova ferramenta de consulta de SIGAD en liña. Esta ferramenta supón un paso adiante na redución da pegada de carbono do automobilismo galego, un dos novos desexos e proxectos da federación, ao facilitar a consulta dixital e evitar trámites, impresións e desprazamentos innecesarios.

A ferramenta está disponible no apartado trámites da páxina web da FGA ou na propia APP dentro do menú desplegable.

CONSULTA SIGAD ONLINE

Clasificacións automatizadas, máis áxiles e con novo deseño

Como novidade, a FGA foi introducindo de forma progresiva a automatización das clasificacións, o que permite publicalas con maior celeridade. As clasificacións estrean ademais un deseño máis moderno e pasan a contabilizar a puntuación en puntos netos e brutos, o que favorece o seguimento dos certames.

Tempos online renovados despois de escoitar a afeccionados e federados

Outro novo aspecto que xa levan desfrutando os afeccionados e federados galegos é a nova páxina de tempos online que se complementa coa actual do proveedor Anube. Esta ferramente foi feita escoitando as necesidades e requerimentos dos protagonistas do automobilismo galego. O deseño, sinxelo e intuitivo, ofrece múltiples posibilidades de seguemento cun uso reducido de datos móbiles.

Unha comunidade de WhatsApp para estar ao día

A FGA creou tamén unha comunidade de WhatsApp na que se informa das novidades da federación, do mesmo xeito que xa se fai a través de Instagram. Dese xeito, a información chega de forma directa e rápida a toda a comunidade do automobilismo galego.

LIGAZÓN Á COMUNIDADE DE WHATSAPP DA FGA

Máis ferramentas en camiño

A FGA continúa traballando noutras ferramentas para mellorar a operatividade da federación, tanto para organizadores como para equipos e afeccionados, co compromiso de seguir avanzando cara a un automobilismo galego máis áxil, accesible e sostible.

Compartir