Alfonso «Pisko» Ventín, na clase A, e Francisco Dorado e Andrea Lamas, na B (ademáis do primeiro posto na clasificación conxunta), foron os gañadores do Rallymix de Guitiriz, primeira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da especialidade.
Debutantes no certame, os integrantes da escudería Scratch Fene loitaron contra a forte calor na xornada do sábado o que provocou moitísimo pó en suspensión e o terreo deslizante no domingo despois dun forte trebón caído na noite nunha fin de semana con abundante público nos case 9 quilómetros de percorrido.
Na clasificación xeral combinada, dominio absoluto de Francisco Dorado e Andrea Lamas no Skoda Fabia RS Rally2, nunha fin de semana na que so cederon o mellor tempo na manga final, con victoria absoluta e na Clase B. O equipo, habitual do CERT, deixou o crono fixado en 29:52.440, oito segundos máis rápido que Alfonso «Pisko» Ventín, que ademáis foi primeiro na Clase A e na Copa MRF.
O terceiro chanzo do podio foi para Antonio López Lence, ao que unha picada na primeira manga lle retrasou na xeral (segundo Clase A).
Con respecto ás clases, no segundo e terceiro chanzo da B situáronse Iago Caamaño e Alberto Rodríguez (Ford Fiesta R5) e Toño Otero e Jandrín López (Skoda Fabia R5).
O terceiro clasificado da Clase A foi Darío Calviño, completando o triplete de Yacar neste proba.
Nas Copas, primeira posición para Caamaño e Rodríguez na Pirelli 4×4 seguido de Tino e Jorge Iglesias (Ford Fiesta N5) e de Jaime Pérez e David Calvo (Peugeot 208 T16 R5). Tamén na Pirelli, pero neste caso Dianteira, victoria para Juan José Pintos e Joel Souto co Peugeot 208 R2. Completaron os tres primeiros postos Marcos Lista e Martín Fariña e David Varela e José Antonio Martínez.
Na MRF, con «Pisko» Ventín como gañador, situáronse no podio Mateo Abal e Adrián Campaña, nun Kincar e un Yacarcross SXC, respectivamente.
Por último, na primeira proba da Copa Iniciación Escuderías, os mellores foron Adrián Torreiro e Cristina León, seguidos de Alejandro e Sara Cagiao e de Martín Novo e Óscar Vigo.
