A Subida a Oia, unha das citas máis recordadas por afeccionados e deportistas está de volta para esta tempada 2026. Despois de varios meses de traballo conxunto entre a Federación Galega de Automobilismo e BM Competición, ademáis de outra xente amante do motor, a cita pontevedresa retornará ao calendario autonómico no mes de outubro coma última proba do Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre.
Este retorno supón cumplir co desexo de moitos pilotos e afeccionados que consideraban esta proba imprescindible no certame.
Dende a Federación Galega de Automobilismo soamente podemos felicitar a BM Competición pola súa vontade de retomar esta carreira que completa un campionato con sete probas, todas elas de excelente nivel.
