PLENO DE INSCRITOS NO RALLYSPRINT DE SILLEDA, SEGUNDA PROBA DO CERTAME AUTONÓMICO

14 mayo, 2026

Segunda parada do Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i e primeira visita á provincia de Pontevedra con motivo do Rallysprint de Silleda.

Novamente, éxito de participación na segunda data do certame, con límite entre os inscritos ao certame e nada menos que sete equipos da categoría extra, o que aporta un plus de emoción a unha proba realmente interesante.

Javier Martínez Carracedo e José Barrán tentarán remontar posicións no certame logo do seu abandono na primeira proba, sempre con permiso dun dos equipos máis en forma do automobilismo galego, Antonio López Lence e Santiago Gil.

Ademáis, tamén contarán con opcións Miguel Ángel Alonso e Leti Álvarez e Rodrigo Rodríguez «Caixas» e Alberto Rodríguez, ambos sobre Mitsubishi Lancer Evo X R4 e Fermín Sousa e Carmen González, no competitivo Renault 5 GT Turbo co que xa brillaron en Piñor.

Ademáis, nunha lista de inscritos completa e variada estarán presentes os equipos integrados dentro da Copa Kumho, que nesta carreira contará con 21 equipos.

Entre os favoritos, xunto ao líder provisional Sergio Otero, estarán pilotos experimentados pilotos coma Emilio Vázquez, Álvaro Castro, ou Aitor Fornos, subcampión de la primeira edición do Desafío Kumho no ano 2024 e vencedor en Silleda ese mesmo ano. Jacobo Collazo, vixente campión e que xa foi un dos destacados en Silleda en 2025 ao igual que Lisardo Abelleira, gañador o pasado ano na cita dezana, parten tamén como candidatos a calquera das prazas de podio.

En canto aos horarios e formato da proba, coma sempre, dous treitos a dúas pasadas, con comezo ás 14:17 horas e chegada do primeiro participante ao parque pechado final ás 18:40 horas.

Toda a información da proba pode consultarse na guía do espectador que está disponible no sportity da proba (SILLEDA26) ou na seguinte ligazón:

GUÍA DO ESPECTADOR

 

Compartir