A Federación Galega de Automobilismo, a través do departamento técnico, recorda que para a tempada 2026 é preciso realizar o SIGAD de tódolos vehículos que participen no Campionato Xunta de Galicia de Autocross.
Este SIGAD estará exento de pago para as unidades que só participen en autocross. Se o vehículo participa noutros certames, xa sexa rallyes, montaña, rallymix ou rallysprint, o SIGAD convencional é obrigatorio.
No caso de ser un vehículo só para autocross é preciso marcar a pestaña «EXCLUSIVO AUTOCROSS». Se o vehículo vaise utilizar noutras modalidades é preciso facer o sigad correspondente as outras categorías (CARROZADO, NON CARROZADO ou CARCROSS).
Tamén é preciso, ao igual que no resto de modalidades, facer a declaración de roupa dixital.
DECLARACIÓN DE ROUPA DIXITAL 2026
Para calquera dúbida pódese contactar a través do correo electrónico: tecnicos@fga.es
