RENOVACIÓN ACORDO ENTRE MRF TYRES E A FGA PARA OS FORMATOS PROMOCIONAIS DE CARCROSS EN RALLYMIX E AUTOCROSS

31 diciembre, 2025

A Federación Galega de Automobilismo e MRF Tyres acordaron prolongar o acordo de patrocinio e promoción das categorías de carcross nos Campionatos Xunta de Galicia de Rallymix e Autocross para a tempada 2026.

Desta forma, na tempada 2026 o Campionato Xunta de Galicia de Rallymix contará novamente cun formato promocional dedicado aos carcross, unha competición que se destapou coma tremendamente positiva e atractiva para pilotos e afeccionados.

Do mesmo xeito, a Copa MRF Senior e Júnior continuará no Campionato Xunta de Galicia de Autocross.

En canto aos premios económicos, estes serán os mesmos que na tempada 2025.

Dende a FGA queremos mostrar a nosa gratitude e ledicia por contar con MRF Tyres durante esta tempada 2026.

Compartir