NOTA DE PRENSA RELATIVA Á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE AUTOMOBILISMO

13 diciembre, 2025

Este sábado 13 de decembro celebrouse no salón de actos do edificio polivalente de Lalín a asemblea xeral ordinaria da Federación Galega de Automobilismo (FGA), na que se trataron os oito puntos da orde do día e na que estiveron presentes 39 asembleistas.

O primeiro deles, a aprobación do calendario deportivo para a tempada 2026 recibiu o apoio unánime dos 38 dos asembleistas presentes neste punto inicial. Neste próximo curso deportivo destaca o retorno do Rally Ourense – Ribeira Sacra, que terá lugar no mes de novembro e a saída xa coñecida do Rally A Coruña. Tamén a incorporación de dous novos rallysprint, ambos na provincia da Coruña, Somozas e Cerceda – Tordoia e un novo Rallymix en Guitiriz, que sustitúe no calendario ó Rallymix Sidra da Estrada.

Non se celebrará na tempada 2026 a Subida a Escusa Poio, pero a FGA está traballando para sumar unha nova carreira ó certame.

O Slalom pasará a ter seis probas coa saída de Guitiriz e Sarria e o Karting recupera o circuito de A Pastoriza, que será sede da Supercopa FGA.

DESCARGA O CALENDARIO DA FGA DA TEMPADA 2026

O orzamento da FGA na tempada 2026 ascende a 2.232.282,00 euros e foi aprobado por maioría. Foron 35 votos a favor e catro votos en contra.

A memoria de actividades da tempada 2025 foi explicada e desglosada polo presidente, Antonio Rodríguez Troitiño e foi aprobada por unanimidade con 39 votos a favor.

Os pequenos cambios regulamentarios, incluídas as copas de promoción, foron aprobadas por maioría (37-1-1) na asemblea da Federación Galega de Automobilismo, que delegaron na Comisión Delegada a modificación das mesmas.

O quinto punto, relacionado cos servizos de empresas externas e as posibles novas contratacións, coma o sistema Podium para as inscripcións foi explicado e nas próximas semanas renovaránse ou contrataránse esos servizos.

No derradeiro punto antes dos rogos e preguntas e a lectura da acta o presidente da FGA, Antonio Rodríguez Troitiño, leu o informe de resultados do primeiro ano do acordo suscrito coa Real Federación Española de Automovilismo (Rfeda) para a expedición de licencias na tempada 2025.

Ademáis, comunicou as condicións para a renovación deste acordo na tempada 2026. Este acordo foi aprobado por unanimidade (39) pola asemblea e delegouse á comisión delegada a ratificación do mesmo por un ano máis.

Compartir