A Federación Galega de Automobilismo, unha vez rematada a tempada no Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi, xa traballa na reforma das Copas e Trofeos no 2026 de cara a mellorar a competitividade e visibilidade do certame.
Desta forma as Copas de Promoción no autonómico de Rallyes en 2026 quedarán, a priori, da seguinte maneira:
O Supercampionato R5 Pirelli Recalvi non sufrirá modificacións.
Na tempada 2026 a Top Ten Pirelli Driver Autia B pasará a estar dividida en dous bloques (con nome por determinar).
O primeiro bloque estará integrado únicamente por vehículos das seguintes categorías*:
- N4
- N5
- N6
- Rally3
- Rally4
- R4 e N+ (4×4)
- S2000
- GT, GT+ e RGT
* Tódolos vehículos participantes nesta competición (Top Ten B) deberán estar pola súa ficha de homologación correspondente.
O resto de vehículos que competían ata agora na Top Ten B pasarán ao segundo bloque. No momento da publicación dos borradores de regulamento incluirán as listaxes de vehículos admitidos no mesmo.
Ademáis, neste grupo de participantes crearase unha Copa de Traseiras (regulamento en confección), con trofeo en tódalas probas e recoñecemento a final de tempada na gala da FGA. No caso de atopar un patrocinador para este formato de propulsión terían premios económicos por proba ou a final de tempada.
Na Top Ten Pirelli Driver Autia C os equipos participantes sairán nun posto máis acorde as súas prestacións nas listas de inscritos. Para evitar solapamentos, o Clio Trophy Galicia e a Challenge R2 – Staroil non coincidirán nas probas do Campionato Xunta de Galicia salvo nunha (por determinar).
Tanto na Clio coma na R2 a vontade da FGA é aumentar os premios económicos por proba para aumentar a participación.
Na Challenge R2 – Staroil e despois de ver as súas prestacións durante 2025, estase a valorar a inclusión dos Ford Fiesta R200 baixo estricta ficha M-Sport (pendente de aceptación polo departamento técnico da FGA).
A continuidade do Clio Trophy Galicia está garantida alomenos para as tempadas 2026 e 2027, momento no que se negociará a súa continuidade co promotor.
Tamén se está a traballar co departamento técnico da FGA a nivel regulamentario para acotar os vehículos que poderán participar na Top Ten C e a Pirelli AMF de cara a evitar duplicidades.
Precisamente na Pirelli AMF non haberá diferencias con respecto a tempada 2025 no apartado deportivo salvo a creación da Pirelli AMF “júnior” (nome por confirmar).
A Pirelli AMF “júnior” (regulamento en confección) chega para dar cabida aos vehículos participantes no Volante FGA e darlle aos equipos unha posibilidade de optar a un premio. Neste trofeo os vehículos estarán limitados e precintados en distintos aspectos mecánicos (por determinar polo departamento técnico da FGA) para garantir a igualdade. Terán premios económicos adicionais ademáis de optar aos da propia AMF.
Esta AMF “júnior” será puntuable en seis rallyes do certame de cara a conter os custos de participación dos equipos no Galego. Os equipos que asi o desexen poderán competir no resto de probas para optar ao título na AMF Pirelli.
A Sandero Eco Cup Galicia pasará a ser o Volante FGA e así constará no propio nome da competición. O obxectivo da Federación Galega de Automobilismo é captar talento a través de formatos promocionais monomarca nos que conte con apoio de patrocinadores e institución para lanzalos a proxectos de superior envergadura.
É por iso que esta competición recibirá un importante aumento dos premios para que a participación sexa moito máis asequible na tempada 2026.
O Criterium Galicia Recalvi continuará como ata agora sendo considerada a fórmula de promoción de acceso aos rallyes no Campionato Xunta de Galicia de Rallyes.
A FGA está a traballar en distintos proxectos e non descarta a creación de novos formatos promocionais adicionais que serían integrados nos xa existentes na tempada 2026.
Todas estas modificacións regulamentarias deberán ser aprobadas na Comisión de Rallyes e polos distintos patrocinadores que integrarán o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes 2026.
