SENRA E MURADO, VENCEDORES DO RALLY SUR DO CONDADO

12 julio, 2025

Víctor Senra e José Murado, aos mandos do Hyundai I20N WRC, obtiveron a victoria no Rally Sur do Condado, sexta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi.

Senra e Murado, que nesta proba puntuarán 0.8 ao tomar a saída un só WRC, dominaron a carreira dende o primeiro treito, deixando o crono fixado en 1:06:54.120.

O segundo posto da táboa, despois da retirada por saída de estrada de Dani Berdomás e Brais Mirón, foi para Alberto Meira e Avelino Martínez, no Skoda Fabia R5, a 55.5 de Senra.

David González e Gustavo Piris foron os terceiros clasificados da cita pontevedresa aps mandos do Skoda Fabia R5.

Cuartos clasificados foron Abel Pampillón e José Lage, que a súa vez foron os vencedores da Top Ten Pirelli Driver B.

No Clio Trophy Galicia, incontestable victoria para Yago Martínez e Melisa Lorenzo, que demostraron un ritmo superior na igualada copa co vehículo francés, facéndose ademáis co quinto posto da xeral. O segundo posto foi para Álvaro Pérez e Irene Caso e o terceiro para Marco Lorenxo e Diego Gil. Estes tres primeiros postos repetíronse na Top Ten Pirelli Driver C.

Juan Carlos Pampillón e Cristian Álvarez foron os gañadores da Pirelli AMF. Completaron o podio Carlos Conde e Pablo González e Omar e Iván López.

No Volante FGA, primeiro posto para Anxel Vizoso e Diego Rodríguez, seguido de Roberto Suárez e Cristian García e Lorenzo Rivera e Julio Monteagudo

Por último, tres de tres para Miguel Gayoso e Carlos Guitián, cun dominio marcado dende o prineiro treito. Segundo foi o equipo da Deputación de Ourense formado por Rubén Castillo e Alberto Rodríguez e terceiro, Eliot Gómez e Moncho Seoane.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi será no mes de agosto con motivo do Rallye de Ferrol.

Compartir