Despois de un mes de parón, o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi retorna ás estradas galegas coa celebración da sexta proba puntuable, o Rally Sur do Condado.
Un total de 111 equipos formalizaron a inscripción na proba pontenvedresa, que novamente terá ao calor coma compañeiro de viaxe. Nesta ocasión tan só está inscrito o WRC de Víctor Senra e José Murado, polo que a súa puntuabilidade será 0.8. Alberto Meira e Avelino Martínez e Dani Berdomás e Brais Mirón, no Skoda e o Hyundai, respectivamente, parten con opcións de triunfo nunha competición que contará coa presenza da Pirelli Top Ten B e C, o Clio Trophy Galicia, a Sandero Eco Cup, a Pirelli AMF e o Volante FGA.
Para a xornada do venres a Escudería Surco realizará un shakedown en As Neves entre as 11 e as 13 horas. Posteriormente a cerimonia de saída comezará ás 21:00 horas en orde inversa na Praza do Castelo de Salvaterra de Miño.
O sábado, turno para as 12 especiais cronometradas con comezo a partir das 08:48 horas no treito de Covelo. O primeiro participante chegará novamente a Salvaterra ás 22:57 horas.
A entrega de premios está marcada para as 00:17 horas.
O sportity da proba é: SURCO2025
