VARELA, LÓPEZ, GARCÍA, BERMÚDEZ E GARCÍA, OS VENCEDORES DO AUTOCROSS DE ARTEIXO

29 junio, 2025

David Varela, Jon Ander López, Sabino e Diego García e Lolo Bermúdez foron os vencedores das distintas categorías no 87 Autocross de Arteixo, cuarta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Autocross que se disputou baixo unha intensa calor e con abundante público nas gradas da «catedral».

Na clase I, holgada victoria na final para David Varela, que aos mandos do seu Peugeot 306, completou a carreira cun tempo de 5:25.905. O segundo posto da clasificación a máis de cinco segundos do vencedor foi para Javier Lea (Citroën Saxo) e a terceira para Alejandro Vecino, tamén nun vehículo da marca do doble chevrón.

Jon Ander López, no Citroën Saxo, foi o mellor dentro da clase II, unha das máis animadas da xornada. López impúxose cun crono final de 8:12.092, 2,6 segundos máis rápido que o segundo clasificado desta proba, Felipe Santos e 4,3 sobre Martín Castro, que finalmente foi terceiro.

Sabino García foi o mellor entre os tres superbuggy que participaron en Arteixo. Acompañárono no podio Carlos Mallo e Roberto Rodríguez.

Entre os carcross júnior, triunfo para Lolo Bermúdez, con algo máis de dous segundos de vantaxe sobre Joao Traila e 15 sobre Andrés Iglesias.

Daniel Cierto, pola súa banda, foi o mellor clasificado dentro da MRF Júnior, con Adrián Fernández en segundo posto e Xaquín Corbal, piloto becado pola FGA, no terceiro lugar.

Diego García, no LifeLive, foi o vencedor dentro da abondosa categoría de carcross, cun crono final de 7:17.490. García superou por menos de medio segundo a Darío Calviño, segundo e a Beto Lorenzo, en pouco máis de tres.

Joaquín Chamorro foi o vencedor da MRF Sénior, seguido de Sergio Busto e Manuel Martíns.

Compartir