Cuarta parada do Campionato Xunta de Galicia de Autocross e segunda da tempada no circuito José Ramón Losada con motivo da 87 edición do Autocross de Arteixo, que neste sábado 28 de xuño contará con 71 equipos nas distintas categorías presentes.
A recuperación do autocross é unha realidade e no trazado coruñés estarán presentes todas as categorías puntuables, con especial atención a competición de carcross, cun elevado número de inscritos. Nesta 87 edición, ademáis, estará presente coma invitado Nani Roma, que retorna ao certame despois de 16 anos.
Como non, nas categorías de carcross e carcross júnior haberá emoción extra ao contar coas copas MRF júnior e sénior.
En canto aos horarios, as verificacións terán lugar durante a tarde do venres e primeira hora do sábado, con comezo ás 07:40 horas da mañá. A primeira sesión de adestramentos está marcada para as 10:00 horas, coas mangas oficiais a partir das 11:48 horas.
Despois do reacondicionamento do circuito, ás 15:00 horas, darán comezo as clasificatorias en tódalas categorías, para celebrar as finais B a partir das 18:45.
As finais comezarán ás 18:45 horas e a entrega de premios está marcada para as 21:00 horas, aproximadamente.
Toda a información da proba pode consultarse no Sportity: AUTOCROSSARTEIXO
