A PONTENOVA ACOLLE A CUARTA PARADA DO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE MONTAÑA – CIRCUITO INT. DE MONTALEGRE

27 junio, 2025

O Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre prosigue esta fin de semana coa celebración da cuarta proba puntuable, a Subida A Pontenova, que nesta edición chega aos 57 equipos inscritos.

A rampa lucense repite trazado nesta duodécima edición, co parque pechado situado aos pes do comezo e en pleno centro da localidade. Entre os favoritos, tódolos principais candidatos ao título de monoplazas con Jacobo Senín co dorsal número 1 nos laterais da súa Nova. Tamén estarán Jorge Fernández, Alexis Vieitez, José Alonso Liste ou o asturiano Pablo Vázquez, ademáis dos participantes na Copa CM Montiño – Terras de Lantaño e os sempre espectaculares carcross da categoría 8, encabezados por Pisko Ventín e Beni Porto.

Destaca tamén o debut esta tempada do excampión galego, Pablo Rey, que participará coa súa Norma M20F.

Entre os carrozados e coa ausencia de Jorge Pérez ao estar preparando a súa participación no Rally Rías Baixas a atención trasládase a Manuel Senra, que participará co seu Peugeot 308 TCR. Sergio Vallejo, César Gonzalves, Jonathan Rosendo ou Pablo Rey tamén parten con opcións nesta modalidade, na que haberá moita emoción polo triunfo nas distintas clases.

En canto á regularidade, serán cinco os equipos que tomarán a saída.

A primeira manga de adestramentos comezará o sábado ás 15:30 horas, coas dúas ascensións oficiais xusto a continuación. Para o domingo o inicio da carreira está marcado para as 09:30 horas coas dúas mangas oficiais definitivas a celebrarse xusto a continuación.

A entrega de premios terá lugar na Praza dos Fornos ao término da proba.

Nesta ocasión poderá seguirse a carreira en directo a través do streaming da Federación Galega de Automobilismo:

Compartir