O CEIP O Ruxidoiro de A Valenzá convertiuse na quinta parada do curso do programa «FGA nas Aulas», un ciclo de charlas que tenta aproximar o automobilismo deportivo aos alumnos e alumnas de centros escolares de primaria galegos.
Nesta ocasión foron máis de 120 nenos e nenas os que desfrutaron de case dúas horas de aprendizaxe e diversión relacionadas co mundo da competición autonómica. Nesta ocasión os invitados foron Rubén Castillo e Javier López, que levaron ata o centro escolar o Dacia Sendero Eco co que participan no Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi gracias ao firme apoyo da Deputación de Ourense a través do programa «Motor Futuro».
Ao longo da xornada, os e as estudantes escoitaron as explicacións do invitado, preguntaron tódalas súas dúbidas e recibiron a plantilla para participar no concurso de debuxo que fará realidade no vehículo do becado da FGA o que saia da súa imaxinación.
Actualmente son máis de 420 alumnos os que xa participaron neste ciclo de charlas que conta coa colaboración de Supermercados GADIS e Recalvi.
