O CAMPIONATO GALEGO DE MONTAÑA VIRTUAL COMEZA ESTA FIN DE SEMANA CON 43 INSCRITOS

16 abril, 2025

Unha das grandes novidades desta tempada, o Campionato de Galicia de Montaña Virtual, arrinca esta fin de semana coa celebración da primeira proba puntuable, a Subida a Taboada.

Finalmente serán 43 equipos os que participarán neste debut competitivo no xogo Assetto Corsa e baixo a organización de Supply Racing, partner da FGA para estos certames.

A continuación pódese descargar a lista de inscritos desta primeira proba.

LISTA DE INSCRITOS SUBIDA A TABOADA VIRTUAL

Toda a información da proba está dispoñible na seguinte ligazón:

https://www.supplyracing.es/gallego/

 

Compartir