O RALI BERBERECHO DE NOIA, TERCEIRA PARADA DO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE RALIS RECALVI

3 abril, 2025

O Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi afronta esta fin de semana a terceira proba puntuable para o certame, un Rali Berberecho de Noia que cumpre 39 edicións de vida.

Nesta ocasión serán 155 equipos os que tomarán a saída nunha proba que terá xa na xornada do venres moita actividade. Ademáis das verificacións técnicas e a foto de familia da Challenge R2 – Staroil que se estrea nesta cita (Praza do Tapal, ás 14:00 horas), os equipos participantes realizarán o primeiro treito da xornada a partir das 20:00 horas. O tramo espectáculo pola contorna da localidade será o aperitivo perfecto para un sábado con 8 treitos cronometrados máis.

O primeiro dos equipos chegará ás 20:55 horas ao parque final da proba.

En canto aos inscritos, novamente tres vehículos WRC na liña de saída, con Víctor Senra e Moncho López como principais favoritos á victoria co Hyundai I20N WRC. Ademáis, retorno ao campionato para Daniel Berdomás e Brais Mirón, que competirán novamente cos líderes do Supercampionato R5 Pirelli, Alberto Meira e Avelino Martínez.

Nesta cita estrearase a Challenge R2 Staroil, que estará integrada dentro da Top Ten Pirelli Driver Autia C. Completan o elenco de formatos promocionais en Noia a Top Ten B, a Pirelli AMF, O Volante FGA e o Criterium Recalvi, no que se presenta coma unha das mellores listas da tempada.

Compartir