SENRA E RAMOS, TRIUNFADORES NO RALLYE A CORUÑA

22 marzo, 2025

Víctor Senra e Paula Ramos, aos mandos do Hyundai I20 WRC, fixéronse coa victoria no Rallye A Coruña, segunda proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi.

Senra e Ramos foron os absolutos dominadores da cita coruñesa, na que tan só cederon tempo por un pequeno problema nos treitos da mañá.

O segundo posto da xeral e primeiro do Supercampionato R5 Pirelli Recalvi foi para Alberto Meira e Avelino Martínez, que no Skoda Fabia R5 deixáronse 1:33 co equipo gañador.

O terceiro chanzo do podio foi para Alberto Otero e Jordan Vázquez, tamén nun Skoda Fabia R5.

Completaron os cinco primeiros postos da xeral Santi García e Néstor Casal e David González e Gustavo Piris, nun Citroën C3 Rally2 e un Skoda Fabia R5.

Na Top Ten Pirelli Driver Autia B, o primeiro posto foi para Darío Calviño e Óscar Souto, co Peugeot 205 Yacar despois dos problemas no derradeiro bucle de Sergio Bello e Alberto Rodríguez, no Skoda Fabia RS N5.

Antonio López e Raquel Rodríguez foron os mellores na Top Ten Pirelli Driver Autia C, nun rally no que tiveron problemas cun sensor do seu Peugeot 106.

A AMF Pirelli MS foise a mans de Marcos Sanromán, no seu retorno ao Campionato Galego.
Anxo Vizoso e Brais López foron primeiros no Volante FGA e na PXP25.

A seguinte proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi será o Rali Berberecho de Noia, os días 4 e 5 de abril.

Compartir