ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ACREDITACIÓNS DE PRENSA FGA 2025

7 febrero, 2025

O departamento de comunicación da Federación Galega de Automobilismo abriu o prazo para a solicitude da acreditación de prensa permanente para a tempada 2025 nos diferentes Campionatos Xunta de Galicia.

Tal e coma se informou nun comunicado anterior, vaise ter un maior control sobre os medios acreditados e a súa actividade de cara a facilitar o traballo tanto dos organizadores coma dos diferentes equipos.

Desta forma, para solicitar a acreditación de prensa permanente da FGA na tempada 2025 é preciso encher o formulario habilitado no apartado licenzas / acreditacións e enviar un dossier (a prensa@fga.es) coa cobertura realizada na tempada 2025 nos certames autonómicos. Tamén todo o relativo a traballo para publicacións online e offline (neste caso métricas web) e outras accións que promovan o deporte do automobilismo deportivo en Galicia, como traballo en redes sociais ou distintas plataformas online.

ACCESO AO FORMULARIO DE PRENSA 2025

Cando se acepte a acreditación, será preciso que realice o seguro de prensa ampliado na páxina web da federación, na plataforma Podium da FGA. Tan só sera aceptado o SEGURO DE PRENSA AMPLIADO.
ACCESO A PODIUM

Dentro da plataforma, o usuario deberá entrar en nova prestación e facer o seguinte seguro:

Unha vez completado o pago deben enviar o xustificante a prensa@fga.es. para que sexa validado.

Despois de completar todos esos pasos será enviado ó domicilio do acreditado o chaleco e a acreditación da tempada 2025. Este chaleco será válido en tódalas probas automobilísticas que se celebren en Galicia, xa sexan autonómicas ou nacionais. O chalego da RFEDA NON será aceptado nas probas de carácter autonómico en Galicia.

Compartir